Serie XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba

XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba n.1, 2022

Óleo sobre sobre pandereta

XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba, 2022

Oil on tambourine

XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba n.2, 2022

Vídeo monocanal. 2´33´´

XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba, 2022

Video. 2´33´´

Díptico. XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba n.3, 2022. Galería Nordés, Santiago de Compostela, 2023.

Impresión Gliceé sobre papel 100% algodón, Hahnemüle Photo Rag 308 gr.(55x55 cm c/u) 

Fotografía: Roi Alonso. Cortesía de la Galería Nordés.

Diptych. XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba, 2022

Gliceé impresión on 100% cotton paper, Hahnemüle Photo Rag 308 gr.(55x55 cm c/u) 

Photography: Roi Alonso. Nordés Gallery.

Existe unha relación especial entre son e acontecemento. Para que haxa son debe pasar algo, ten que moverse alguna cousa. Sen movemento non hai son. Os sons significan aconteceres.

O sentido do oído é moi especial.  Nel, o cerebro fai unha criba aumentando ou diminuindo a intensidade dos sons que chegan a nós para posibilitar a nosa supervivencia e en último caso, para avisarnos dos acontecimentos que nos concernen.

 

Para a realización desta peza impregnei con óleo de cor negra a man esquerda da pandereteira para que, ao interpretar co instrumento os distintos ritmos en secuencia que dan nome á obra, fora deixando a impronta de cada golpe no parche da pandeireta. A interpretación gravouse nun video monocanal.

 

Nun intento de xerar novas formas de rexistro visual destes sons pertencentes á nosa tradición, xenérase unha peza pictórica monócroma producida como consecuencia do proceso performativo sobre o propio instrumento e, á súa vez, unha peza de video (que mostra a tempo real a interpretación coa pandeireta) sen son, o que provoca que teñamos que intuir, deducir visualmente e imaxinar os sons dos ritmos nomeados no título. Será iso escoitar tamén?. 

 

Así, esta peza, realizada con pintura negra, que remite á cor da notación tradicional na música, supón un intento de lexitimar novas formas de afrontar e de rexistrar determinados acontecementos derivados da tradición musical e pictórica (nos concernen?, e se é así, que imos a facer con eles?), e nos fala da tentativa obstinada e ininterrumpida da creación de novos códigos de entendemento entre o visual e o sonoro.

XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba, 2022. Fundación Luis Seoane, 2022.

Instalación.