ST.#2 (de la serie HIMNO)
ST.#2 de la seie HIMNO, 2018 (Colección CGAC)
Vídeo HD, sillas, auriculares. 2´02´´
UNTITLED#2 HIMNO series, 2018 (CGAC collection)
HD video, chairs, headphones. 2´02´´
Con esta serie, na que realizo distintas aproximacións á idea de himno a partires da música que Pascual Veiga compuxo para o himno galego, trato de xenerar distintas lecturas e plantexar cuestións sobre as ideas de comunidade, carácter, unión, cohesión ou representatividade, pero tamén sobre as ideas de diferenciación, disfunción ou desunión: xogo coa idea de himno e o que significa, como e para que se utiliza, para plantexar preguntas sobre a nosa identidade comunitaria: que é o que nos une o amor ou o medo?, ¿como vemos aos outros?, ¿como nos ven os outros?.
No ensaio que o crítico Fernando Castro Flórez dedica a esta serie, recordando como o himno non ten unha vontade edificante ou reconciliadora: "no himno podémoslos escoitar non soamente a emocionalidad común, senón que cabe a posibilidade de que se active a resonancia siniestra, o eo de aquello que sendo familiar tornou-se extraño. Esta outredade presentada por Juan López viría a plantexar a cuestión de que quieren as imaxes: acaso nada ou soamente desexan preservar a súa condición enigmática"
En palabras de David Barro "na serie Himno declínase a musicado himno galego en diferentes e irónicas posibilidades críticas sobre as martes da outredade"
En ST.#2 os trompetistas recibiron unhas pautas para molestarse entre sí mentres interpretaban a dúo o himno galego, creando unha coreografía que trata de sustraer á secuencia da súa literalidade para convertila nunha especie de estereotipo no que se vexa reflexado o espectador, e, apelando á memoria colectiva, xenere os interrogantes anteriormente citados.
Esta peza inclúe ese carácter performativo que implica tamén aos espectadores-actores, quenes deberán sentarse nas sillas que usaron os propios intérpretes para a escoita e visionado da mesma.